VIAXE FORMATIVA DE MOZOS RURAIS SOCIOS DE AGRIS

VIAXE FORMATIVA DE MOZOS RURAIS SOCIOS DE AGRIS

 

Durante tres días, un grupo de mozos socios de Agris, fan unha viaxe formativa co obxeto de ampliar e mellorar a súa capacitación profesional, visitando as explotacións de Tauste Ganadera, Granja San José e Blanca Pyrenees – La Ponserosa Holsteins.

I.- No caso de Tauste Ganadera (Zaragoza), trátase de unha das maiores explotacións de gando vacún leiteiro de España, con un exquisito trato e manexo do gando e as súas características xenéticas, que fan desta explotación un referente no sector.

Destaca tamén actualmente pola  producción de  BIOHUMIC , bioestimulante que mellora o crecemento vexetativo das plantas, creado para a xestión dos residuos de cama quente empregada na explotación.

Con 1530 reses a súa producción é de 53.000l/día

II.- A Granja San José (Huesca)  despunta polas melloras continuas das instalacións gandeiras  para a producción de leite.

Contan con unha sala rotativa para o muxido de  80 vacas, con selado robotizado como principal novidade.

Para a xestión dos residuos teñen estercoleros, nos que mediante a decantación, filtran a auga do purín e reutilízana para a limpieza dos establos por flushin.

Por último cabe mencionar a gran inversión en fertirrigación, que consiste nun sistema de riego con pivot, de auga  con purín filtrado e fertilizantes líquidos, no caso de requerilos o cultivo.

III.- Finalmente na visita a Blanca Pyrenees, centro de investigación de La Ponderosa Holsteins, foron recibidos polo propietario José Ahedo Fernández.

Asistiron as charlas “ Auditando o rendemento reproductivo e confort nas  explotacións leiteiras” impartida por Bernat Sales e “ A recría,  unha gran oportunidade para os productores”.

Visitaron as instalacións que constan de: un campus para formación, un labarotario xenético, unha sala de exposición das mellores vacas con potencial xenético, e o resto das instalacións propias dunha gandeiría de investigación con 280 animais en producción.

Remataron a visita con un showroom, no que exibiron as mellores vacas da explotación.

 

En Tauste Ganadera

En Tauste Ganadera

No segundo día, durante a visita a Granja San José

 

 

 

 

 

Durante el segundo día en Granja San José

En Blanca Pyrenee

 En Blnaca Pyrenee

captura

Etiquetas: