VIAXE DE COOPERATIVISTAS DE AGRIS A FRANCIA

VIAXE DE COOPERATIVISTAS DE AGRIS A FRANCIA

O pasado sábado 9 de setembro, finalizou a viaxe que durante unha semana realizaron socios da cooperativa AGRIS , xunto con cooperativistas vascos, para coñecer a realidade cooperativa e asociativa de Francia, concretamente a zona de Auvergne – Rhone – Alpes.

Cabe destacar as visitas realizadas a distintas cooperativas, todas elas líderes no mercado francés, pertencentes a distintos sectores como o lácteo, cárnico, horta, etc… coas que quedou evidenciada a importancia do cooperativismo en Francia, o dimensionamento das cooperativas, a súa ampla oferta en servizos e produtos, e unha importante orientación das mesmas cara ao cliente e a exportación dos seus produtos.

Empezouse a viaxe visitando a cooperativa SICAREV , o seu centro loxístico, así como o seu matadero e sala de despiece e elaboración de produtos cárnicos. Esta cooperativa, resultante da unión de 7 cooperativas, conta con máis de 10.400 socios, 2.200 traballadores e un volume de 273.000Tn. de carne de bovino, ovino e porcino comercializada no último exercicio.

A continuación visitouse a cooperativa SICOLY, comercializadora de froitas e transformados, fundada no ano 1962, e actualmente con 100 socios, 570 hectáreas e 70 traballadores.

Tamén houbo ocasión de visitar a cooperativa SODIAAL, primeira cooperativa leiteira de Francia, adicada á transformación e comercialización de lácteos, con 380 instalacións, 9.100 traballadores e 20.500 socios cunha media de idade de 48 anos e unha produción media por explotación de 370.000L

A cooperativa AURIVA, adicada á selección e mellora xenética, especializada en razas cárnicas, rústicas e para cruces. Resultante da unión de 6 cooperativas, que agrupan a 19.000 ganadeiros, con 88 traballadores, e unha facturación de 18 millóns de €.

A cooperativa DAUPHINOISE, creada no ano 1934, con 1552 traballadores e 5000 socios, comercializadora de cereais, sementes, tabaco, plantas aromáticas, fábricas de pensos, suministros e ovos

A cooperativa FRUITERIE DU VAL D?ARLY, fundada no ano  1969, con 70 socios actualmente , addicada á produción e comercialización de queixos dos Alpes, con Denominación de Orixe Protexida.

Para rematar finalizouse a viaxe coa visita á cooperativa CUMA A PLAIN DE FAVERGES, de utilización de maquinaria agraria, creada en 1991 e especializada en produción de semente de millo.

 

 

archivo adjunto:

Cooperativistas no centro loxístico de Sicarev

Cooperativistas no centro loxístico de Sicarev

Cooperativistas en Fruiterie du Val D Arly

Cooperativistas en Fruiterie du Val D Arly

 

Etiquetas: