Sobre Agris

Como chegamos ata aquí

AGRIS S. Coop. Galega, nace no ano 2004 trala fusión das cooperativas FRICOAGA S. Coop. Galega de Friol (1984), LEITULLA S. Coop. Galega de Palas de Rei (1988) e PLANMIÑO S. Coop. Galega de Lugo ( 2003), esta última froito dunha fusión anterior entre COSEPLAN S. Coop. Galega (1976) PLANMIÑO S. Coop. Galega (1997) e LÁCTEOS VAL DO MIÑO S. Coop. Galega (1986).

Coa integración en AGRIS S. Coop. Galega, estas cooperativas veciñas, cun mesmo obxecto social e ámbito xeográfico, buscan crear unha nova entidade cooperativa, cunha dimensión empresarial suficiente que mellore as súas estruturas produtivas e oganizativas, e que mellorando a calidade dos seus servizos poida dar resposta a novas necesidades dos seus asociados. Nesta liña póñense en marcha dende a nova entidade, servizos como o de substitución de muxido e carros mesturadores, así como o acometido da obra de redimensionamento do almacén de fertilizantes e forraxes en Palas de Rei.

No ano 2006 ábrese unha nova delegación en Guntín coa finalidade de achegar aos socios deste Concello unha tenda agraria, coma as que ata a data están abertas en Friol, Lugo e Palas de Rei.

Mantendo o afán de ofrecer todo tipo de servizos necesarios para as explotacións dos socios, no ano 2007 recoñécese AGRIS S. Coop. Galega como Agrupación de Defensa Sanitaria no Concello de Palas de Rei.

En 2009 a fábrica de pensos situada en A Louzaneta, que aportou no seu día PLANMIÑO S. Coop. Galega á fusión, péchase para entrar a participar no proxecto cooperativo de AIRA, cooperativa de segundo grao na que se participa con outras cooperativas da provincia de Lugo, que nos permite ser máis competitivos en calidade e prezo no que se refire á fabricación de pensos.

Á primeira fusión séguenlle tres máis nos anos 2010, 2012 e 2015 nas que se integran en AGRIS as cooperativas COPAR S.C.G. , MAREI S.C.G., e San Antonio de Pol S.C.G. respectivamente.

Agris cooperativa agroganadera en Lugo

¿Que é Agris na actualidade?


Na actualidade somos unha cooperativa agrogandeira con 973 socios, 6 delegacións, cunha importante presenza nos Concellos da provincia de Lugo ( Friol, Lugo, Palas de Rei, Pol, Castroverde, Castro de Rei, Baleira ,Guntín , Páramo, O Corgo, Sarria, Begonte, Outeiro de Rei…), un equipo de 50 traballadores directos e 12 indirectos, un volume de facturación de 27.500.000€ no exercicio 2014 e unha actividade principal que é a de primeiros compradores de leite, movendo un total de38.000 Tn de Kgrs de leite.

¿Hacia onde ímos?


Concienciados da importancia de unir as forzas dos produtores, estamos en todos aqueles proxectos cooperativos que perseguen o noso mesmo obxectivo, que é alcanzar un peso estratéxico no noso sector que nos permita ser máis competitivos, para así satisfacer as necesidades dos nosos asociados. Nesta liña podemos destacar durante os anos 2012 e 2013 a participación de AGRIS en distintos proxectos cooperativos, como a Agrupación de cooperativas lácteas ACOLAT (planta de envasado de iogures CLESA) ,a Agrupación de Produtores Lácteos APROLACT, ou a corretaxe de seguros de UCOGA, así como a apertura no 2013 da tenda de MERCARURAL na delegación de Friol.

Empresas participadas

delagro
agaca
aira
clesa
artesanos gallegos de la carne
ucoga