Servizos de sustitución

O servizo préstase co persoal expresamente cualificado para a realización das tarefas propias dunha explotación de gando vacún leiteiro, como son o muxido, a limpeza de equipos e instalacións, alimentación e manexo do gando (incluíndo vixilancia de celos, administración de tratamentos, aviso a veterinarios, etc….), así como a resolución de calquera incidencia que puidera presentarse na explotación.

Actualmente contamos con dous axentes de substitución que están prestando servizo a un total de 38 explotacións.