Primeiros compradores de leite

Actualmente temos 166 socios que comercializan a súa produción a través da cooperativa, sumando un total de 38 millóns de Kg. de leite nesta última campaña 2013/2014 que se venden principalmente a industrias como Lactalis, Danone, Clesa, Reny Picot …

Cabe destacar o grupo de 30 explotacións socias que temos actualmente no programa de Leite de vaca Certificado de Cooperativa apostando por un posicionamento de calidade hixiénico-sanitaria máis aló dos requisitos esixidos na normativa xeral.

Tamén participamos no proxecto cooperativo ACOLAT dende o momento da súa constitución que xestiona a planta de iogures CLESA en Caldas de Reis (Pontevedra).

AGRIS S. Coop. Galega é socia da Agrupación de Productores Lácteos APROLACT, OPL que nace coa intención de concentrar a oferta das cooperativas socias e negociar de xeito colectivo cos compradores todas as condicións dos contratos dos produtores asociados.

Agris, primeros compradores de leche