Publicada a ORDE do 30 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a garantir a subministración de auga ás explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2017.

Publicada a ORDE do 30 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a garantir a subministración de auga ás explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2017.

Esta liña especial de axudas ten por finalidade garantir a subministración de auga ás explotacións, co fin de minimizar os efectos da seca nos momento en que a existencia desta nos sistemas fluviais e encoros de Galicia non poida asegurar o mantemento dos seus sistemas produtivos.

Nestas axudas poderían entrar investimentos típicos como pozos de barrena, pero tamén outros menos habituais, como peches virtuais de monte mediante GPS aplicado a cabalos, controlando ao líder da manada; bombeos solares  e subministros de augas perdidas; alimentadores automáticos, autónomos solares; balsas; …

Poderán acollerse a estas axudas os titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras,  das zonas declaradas de alerta ou de prealerta por seca no ano 2017 nas demarcacións hidrográficas de Galicia Costa, Miño-Sil e do Douro no momento publicación desta convocatoria.

Quedan excluídos os titulares de explotacións de autoconsumo ou sen actividade comercial.

  1. O importe global destas axudas é de 925.000 euros.
  2. O importe da axuda será do 50 % dos custos subvencionables.
  3. O importe máximo da subvención por beneficiario non superará os 5.000 euros.

En todo caso, os límites de intensidade da axuda son os especificados no Regulamento nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis ao sector agrícola (15.000 euros nun período de tres exercicios fiscais, o actual e os dous anteriores).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia .

Serán subvencionables os seguintes conceptos:

a) Novas estruturas e mellora das estruturas existentes para o abastecemento de auga tales como balsas de almacenamento, bebedoiros, conducións para o seu abastecemento, sempre que non supoña unha nova captación de auga.

b) Equipamentos para a mellora do abastecemento de auga ás explotacións gandeiras, como cisternas móbiles ou bebedoiros móbiles.

c) En xeral, servizos de abastecemento de auga ás explotacións agrarias.

 

mapa Confederac.hidrográf. Miño-Sil

mapa Confederac.hidrográf. Miño-Sil

 

Arquivo adxunto:

axudas-auga

 

Etiquetas: