Plan Renove para maquinaria agrícola, exercicio 2017

Plan Renove para maquinaria agrícola, exercicio 2017

Aberto ata o 15/09/2017 o prazo de solicitude do plan renove de maquinaria agrícola.

É necesario presentar compromiso de achatarrar unha máquina antes do 15/11/2017 para adquirir outra nova, do mesmo tipo, antes de solicitar a axuda.

As solicitudes serán atendidas por orde de presentación electrónica ata esgotamento dos fondos.

O importe máximo de axuda depende das características da máquina a achatarrar, incrementándose nalgún caso polas características do novo e tendo en conta a cuantía máxima para cada máquina.

Requisitos maquinaria a achatarrar:
– Ten que estar obrigatoriamente inscrita no ROMA agás as sembradoras.
– Ten que ter ITV en vigor ou caducada como máximo 1 ano ó dia da solicitude
– Ten que estar dende 01/01/16 a nome do solicitante, excepto cambios de titularidade e ademais ter unha antigüidade mínima segundo o tipo.
Tractor: Axuda máxima 12.000€ ou 30% do novo (mínimo 15 anos de antigüidade)
Máquinas agrícolas automotrices: Axuda máxima 25.000€ ou 30% do novo (mínimo 10 anos de antigüidade)
Sembradoras, cisternas purín con dispositivo de localización: Axuda máxima 20.000€ ou 30% do novo
Abonadoras e máquinas de fitosanitarios: Axuda máxima 4.500 e 6.000€ respectivamente ou 30% da nova
É necesario presentar factura de compra e inscrición no ROMA da nova máquina.

ARCHIVO ADJUNTO:

boe-b-2017-46927-renovac-maquinaria

Etiquetas: