OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

DENDE A ASOCIACIÓN MARIÑAS-BETANZOS, ENTIDADE XESTORA DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO, ESTASE ORGANIZANDO O III OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA (36 HORAS)

Este Obradoiro está dirixido a: • Persoas interesadas en formas de vida saudables e respectuosas coa terra, co medio ambiente e coa agricultura ecolóxica en particular. • Persoas interesadas en poñer en marcha un horto ecolóxico. Contidos: 1. Identificación e características xerais dos cultivos; Identificación de variedades autóctonas. 2. Recoñecemento do solo: estudo perfil dun solo, toma de mostras, determinación do pH, materia orgánica e textura. 3. Ferramentas básicas para traballos na horta, tanto manuais como mecánicos: usos. 4. Planificación da horta: orientación, distribución de bancais, elección de cultivos, asociacións e rotacións. 5. Preparación de semilleiros: fundamentos, materiais e técnicas; preparación de bancais; labores a realizar nos diferentes cultivos implantados: poda de tomate e pemento, entutorado, recolección de froitos, rega, etc. 6. Control de plantas adventicias. Acolchados: tipos, ventaxas e inconvintes; Plantas aromáticas e mediciñais: identificación, propiedades e usos. 7. Protección de cultivos en agricultura ecolóxica. Pragas e enfermidades máis comúns, métodos e tratamentos a aplicar. 8. Preparados de plantas insecticidas e vigorizantes: purín de ortiga, decocción de cola de cabalo, etc; Fertilización orgánica e sustentable: elaboración e posta en marcha dun composteiro. 9. Elaboración dun calendario de sementeira e recolleita. A lúa e as constelacións e a súa influencia nos cultivos. Calendario lunar. 10. Colleita e conservación de sementes. Creación dun banco de sementes autóctonas. 11. A certificación en agricultura ecolóxica e visita a experiencia demostrativa. O Obradoiro terá unha duración de 36 horas (xuño, xullo e setembro), e dará comezo o vindeiro 16 de xuño. O lugar de impartición será a Finca A Carballeira (San Pedro de Nos. Oleiros), ademáis de contar con 6 horas de formación teórica na Aula O Naranxo, de Abegondo. O prezo será de 60 €/mes. Si se realiza o pago conxunto total do obradoiro terá un 5% de desconto (171 €). Lembra que as prazas son limitadas. Descargar folleto informativo e inscricións: Obradoiro Agricultura Ecolóxica Para máis información: Asociación MARIÑAS-BETANZOS (RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO) San Marcos, s/n 15318 Abegondo Tlfno. 981 669 541 / Móbil. 629 070 395 mail: info@marinasbetanzos.org web: www.marinasbetanzos.org facebook: www.facebook.com/ADR.MARINASBETANZOS

Fonte: AGACA

Etiquetas: