AXUDA EXCEPCIONAL DE ADAPTACIÓN AO SECTOR PRODUTOR VACÚN DE LEITE

AXUDA EXCEPCIONAL DE ADAPTACIÓN AO SECTOR PRODUTOR VACÚN DE LEITE

O obxectivo desta axuda é apoiar aos productores do sector vacuno de leite ante a difícil situación que atravesa o sector lácteo.

Dentro desta axuda excepcional se articulan dúas medidas:
– A primeira medida, diríxese cara a pequenos agricultores, gandeIros ,con explotacións localizadas en zonas de montaña ou insulares, e gandeiros que non incrementaran o seu censo de gando productor de leite durante os dous últimos anos. Dispón dunha dotación presupuestaria de 11.732.543 euros.
– A segunda medida, diríxese a mellorar a organización do sector e reforzar a posición do productor fronte ao seguinte chanzo da cadea, mediante a súa integración nunha Organización de Productores (OP). Dispón dunha dotación presupuestaria de 2.933.135 euros.

A partir da información remitida polas comunidades autónomas ao Fondo Español de Garantía Agraria, establecéronse os seguintes importes unitarios para cada unha das dúas medidas da axuda excepcional:
.- De acordo co disposto no artigo 4 do Real Decreto 70/2017, o importe da axuda no caso da medida destinada a non incrementar a produción consistirá nun pago de 200 euros para aqueles gandeiros que se atopen incluídos no réxime simplificado de pequenos agricultores. E unha vez descontado o montante destinado aos pequenos agricultores da dotación presupuestaria para a primeira medida, e en base aos 324.910 animais determinados comunicados polas comunidades autónomas, fixouse un importe unitario de 36,04 €/animal. 
.- Respecto de a segunda medida, o número de solicitudes aceptadas comunicadas polas comunidades autónomas que cumpren os requisitos establecidos para percibir a axuda ascende a 6.350, establecéndose por iso un importe unitario de 461,91 €/beneficiario.

Conforme se establece na normativa comunitaria todos os pagos das solicitudes que se consideren admisibles deberán realizarse con anterioridad ao próximo 30 de setembro de 2017.

ARCHIVO ADJUNTO:

ayudas_309_y_310_2017

Etiquetas: