AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL NOS CULTIVOS AGRÍCOLAS

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL NOS CULTIVOS AGRÍCOLAS

O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATARÁ O 16 DE AGOSTO DE 2016

ORDEN do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2016. Consellería do Medio Rural DOG Nº 134, (15/07/2016) Obxecto e principios 1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016. Ámbito de aplicación 1. Esta orde será de aplicación aos cultivos agrícolas danados polo xabaril pertencentes a explotacións agrarias situadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. 2. Nos casos en que o cultivo agrícola afectado estea parcialmente situado noutra comunidade autónoma, considerarase dentro do ámbito de aplicación desta orde cando a súa maior parte estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia. Beneficiarios/as 1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas, físicas o xurídicas, que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), creado mediante o Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, como titular dunha explotación onde se constatasen os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril. 2. O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha mesma persoa beneficiaria antes da colleita. Requisitos Os cultivos agrícolas afectados, polos que se solicita a axuda, deberán pertencer a unha persoa, física ou xurídica, inscrita en calquera das seccións en que se organiza o Reaga: a) Explotacións agrarias prioritarias. b) Explotacións agrarias de titularidade compartida. c) Explotacións acollidas ao réxime de venda directa (SEVEDI). d) Outras explotacións agrarias. Ámbito temporal Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen desde a entrada en vigor desta orde ata o 10 de outubro de 2016. Comunicación do dano 1. No prazo máximo dos tres días seguintes á produción do dano, as persoas propietarias dos cultivos afectados deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente. O horario hábil de atención telefónica é das 8.00 ás 20.00 horas, de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 horas, os sábados. Para os danos producidos entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación dos danos realizarase nos tres días seguintes contados desde as 20.00 horas do domingo. 2. Unha vez rexistrada a denuncia, o persoal da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio desprazarase ata o lugar dos feitos para comprobar a existencia dos danos, despois do cal se poderá facer a colleita ou continuar co cultivo afectado. Esta valoración recollerase nun informe que será remitido ao correspondente servizo provincial de Conservación da Natureza. Importe das axudas 1. O importe das axudas por danos causados nos cultivos agrícolas polo xabaril figura no anexo I desta orde. 2. O importe máximo por persoa beneficiaria e ano establécese en 1.500,00 €; no caso de que os danos excedan este importe, a persoa beneficiaria terá dereito a axuda máxima, é dicir, 1.500,00 €. Prazo de presentación de solicitudes O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 16 de agosto de 2016

Fonte: CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Etiquetas: