Axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réximen común

Axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réximen común

 

ORDE do 26 de decembro de 2016 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 1, 02/01/2017

 

OBXECTO.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas en réxime de concorrencia competitiva para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Esta axuda ten como finalidade:

  1. a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
  2. b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipa-mentos.
  3. c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

 

BENEFICIARIOS.

Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde:

  1. a) As cooperativas agrarias que teñan como obxecto social prioritario a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (en diante, CUMA), as sociedades agrarias de transformación (en diante, SAT), que teñan como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola segundo o artigo 9 da Lei 5/1998, do 18 de decembro (DOG núm. 251, do 30 de decembro), de cooperativas de Galicia.
  2. b) O resto das cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario para prestaren servizos aos seus socios.
  3. c) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade e as SAT procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos 10 anos posteriores á súa constitución.

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES.

Os investimentos subvencionables son os seguintes:

a) Maquinaria agrícola.

b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

Non se subvencionarán:

a) A simple reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.

b) O IVE e outros impostos que sexan recuperables.

c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.

d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.

En aplicación da moderación de custos, fíxase en 1.000 € o custo elixible para os estudos técnicos-económicos de viabilidade.

Establécese un investimento elixible mínimo de 20.000 € para poder ser subvencionable. O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 500.000 €.

 

COMEZO DA SUBVENCIONABILIDADE

Serán subvencionables os gastos efectuados con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude en ningún modo garante a súa aprobación.

 

CONTIA ECONOMICA DAS AXUDAS

O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

  1. 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións

específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013.

  1. Investimentos colectivos (beneficiario fusionado nos últimos tres anos), cando o beneficiario procede dunha fusión de cooperativas, o importe incrementarase nun 15%; se o beneficiario procede de fusión de sociedades agrarias de transformación, o importe incrementarase nun 10 %.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DE OPERACIÓNS

  1. Ordenaranse as solicitudes presentadas de acordo cos criterios de prioridade indicados neste artigo e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible.
  2. Establécense os seguintes criterios de prioridade:
  3. a) Atendendo á tipoloxía da entidade solicitante:
  4. Cooperativa agraria con sección/servizo de maquinaria: 5 puntos.
  5. CUMA: 4 puntos.

iii. SAT que teña por obxecto social prioritario a utilización de maquinaria agrícola en común, SAT procedente de fusión ou cooperativas de explotación comunitaria da terra: 3 puntos.

  1. b) Atendendo ao valor contable do parque de maquinaria no momento da solicitude de

axuda:

  1. Parque de maquinaria con valor contable igual ou superior a dous millóns de euros: 3 puntos.
  2. Parque de maquinaria con valor contable igual ou superior a un millón de euros e inferior a dous millóns: 2 puntos.

iii. Parque de maquinaria con valor contable superior a medio millón de euros e inferior a un millón: 1 punto.

  1. c) Atendendo á facturación media aos socios do parque de maquinaria nos tres anos anteriores ao ano de solicitude da axuda:
  2. Facturación media do parque de maquinaria igual ou superior a un millón de euros: 3 puntos.
  3. Facturación media do parque de maquinaria igual ou superior a medio millón de euros e inferior a un millón: 2 puntos.

iii. Facturación media do parque de maquinaria igual ou superior a cen mil euros e inferior a medio millón: 1 punto.

  1. d) Atendendo á porcentaxe de mulleres que integren o consello reitor da entidade solicitante:
  2. > 50 %: 2 puntos.
  3. Do 40 % ao 50 %: 1 punto.
  4. e) Investimentos en proxectos innovadores: 1 punto.
  5. f) Investimentos en proxectos de cooperación: 1 punto.

 

  1. En caso de igualdade na aplicación do baremo, terán prioridade as entidades solicitantes con investimentos en proxectos innovadores, seguido polos investimentos en proxectos de cooperación. Se aínda persiste o empate, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección.

 

  1. As solicitudes cunha puntuación inferior a 5 puntos non serán subvencionables por non alcanzar os criterios de priorización mínimos.

 

XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

  1. O prazo de xustificación destas axudas remata o 2 de outubro de 2017, inclusive.

 

PRAZO DE SOLICITUDES

O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 2 de febreiro de 2017

Etiquetas: