AXUDAS A EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS EN DIFICULTADES FINANCIEIRAS DERIVAS DA SÚA ACTIVIDADE

AXUDAS A EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS EN DIFICULTADES FINANCIEIRAS DERIVAS DA SÚA ACTIVIDADE

REMATA O PRAZO DE SOLICITUDE O 29 DE AGOSTO 2016

ORDE do 20 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os titulares de explotacións leiteiras que estean en dificultades financeiras derivadas da súa actividade. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 143 (29/07/2016) Obxecto 1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2016 as axudas de minimis, en réxime de concorrencia non competitiva, establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ás explotacións de vacún de leite da nosa Comunidade Autónoma que, no momento de publicarse esta convo catoria, estean en dificultades financeiras (procedemento MR259B) derivadas dalgunhas das situacións establecidas nela. Beneficiarios Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas titulares de explotacións agrarias de vacún de leite que se atopen, no momento da publicación desta convocatoria, nalgunha das situacións relacionadas a continuación: 1. Con relación a cotas vencidas e impagadas ou embargos de préstamos: a) Que teñan cotas vencidas e impagadas dun préstamo concedido para a mellora da súa explotación. b) Que teñan unha resolución ou providencia de embargo de bens propios ou alleos por débedas relacionadas co impagamento dun préstamo concedido para a mellora da súa explotación. 2. Con relación á modificación das condicións do crédito concedido: a) Que refinanciasen a débeda concedida pola entidade bancaria b) Que ampliasen o prazo do pagamento do crédito. c) Que ampliasen o período de carencia do capital. 3. Con relación ás débedas con provedores da súa explotación gandeira vencidas e non pagadas, nas cales concorra algunha das seguintes circunstancias: a) Que pasase un prazo de máis de tres meses desde o seu vencemento. b) Que as obrigas fosen reclamadas xudicialmente. Requisitos para todos os beneficiarios da axuda 1. Todas as explotacións que soliciten a axuda deberán: a) Estar inscritas no Rexistro Xeral de Explotacións Agrarias de Galicia (en diante Reaga), co tipo de explotación vacún de leite, e ter realizadas entregas de leite nos últimos 12 meses anteriores á data da publicación desta convocatoria. Compromisos dos beneficiarios O beneficiario deberá cumprir cos seguintes compromisos: a) Exercer a actividade agraria na explotación da que é titular durante polo menos cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda. b) No prazo dun mes desde o pagamento da axuda, o beneficiario terá que acreditar o importe da axuda foi destinado aos conceptos subvencionados. Para iso deberá achegar a correspondente certificación bancaria no caso de amortización ou pagamento de xuros, ou a factura xunto co selo xustificante de pagamento mediante transferencia bancaria, no suposto de débedas a provedores. Conceptos subvencionables Serán subvencionables os seguintes conceptos: a) As cotas de amortización de capital vencidas e impagadas dun préstamo concedido para mellorar a explotación. b) Os xuros impagados xerados por un préstamo concedido para mellorar a explotación. c) A amortización dun préstamo refinanciado concedido para mellorar a explotación. d) Gastos impagados de xestión da explotación (tales como alimentación, sementes, abonos, fitosanitarios, etc.) con máis de tres meses desde o seu vencemento. Contía e tipo de axuda A contía da axuda calcularase con base no establecido nas alíneas seguintes: a) No caso dos beneficiarios do artigo 3, puntos 1.a) e 1.b). Unha cantidade equivalente ás cotas reclamadas mediante a providencia de embargo ou ás cotas vencidas e impagadas dun préstamo na data de presentación da solicitude. En todo caso, o límite máximo por explotación será de 15.000 €. b) No caso dos beneficiarios do artigo 3, puntos 2.a), 2.b) e 2.c): Unha cantidade equivalente ao principal do préstamo refinanciado ou modificado nos 12 meses anteriores á data de publicación desta orde. En todo caso, o límite por explotación será de 7.500 €. c) No caso dos beneficiarios do artigo 3, puntos 3.a) e 3.b): Unha cantidade equivalente ás débedas contraídas con provedores da explotación gandeira, vencidas e non pagadas, relacionadas con gastos propios da explotación. En todo caso, o límite por explotación será de 15.000 €. Prazo de solicitudes O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 29 de agosto de 2016

Fonte: CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Etiquetas: