AXUDA Á REDUCIÓN DA PRODUCIÓN DE LEITE

AXUDA Á REDUCIÓN DA PRODUCIÓN DE LEITE

Para produtores que pretendan reducir a súa produción durante un período de tres meses en comparación co mesmo período do ano anterior

Datos da axuda:
– OBXECTO: establecer axudas para os produtores de leite de vaca que pretendan reducir a súa produción durante un período de tres meses (período de redución) en comparación co mesmo período do ano anterior (período de referencia)
– BENEFICIARIOS: produtores de leite de vaca que fixeran entregas de leite a primeiros compradores no mes de xullo de 2016 (é dicir produtores activos e non se contemplan as producións destinadas á venda directa)
– IMPORTE DA AXUDA:
o 14 euros por cada 100 kg de redución (a axuda é limitada e finalizará en canto se acaden os 150 M€ a nivel europeo)
o A axuda por beneficiario será como mínimo para unha redución de 1.500 kg (1.456 litros) e como máximo para unha redución do 50% da produción de leite no período de referencia
– PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES (1º período): desde o día 11 de setembro ata as 12:00 horas do día 21 de setembro
– VALIDEZ DAS SOLICITUDES
o Só se poderá presentar por rexistro unha ÚNICA solicitude de axuda (a presentación de máis dunha solicitude por rexistro provocará a inadmisibilidade de todas)
o A solicitude deberá estar COMPLETA, con toda a documentación requirida (non serán admitidas as solicitudes incompletas)
– DOCUMENTACIÓN A ADXUNTAR Á SOLICITUDE
1. Copias das facturas do leite entregado nos meses do período de referencia
2. Copia da factura do leite entregado no mes de xullo de 2016
3. De ser o caso, acreditación da representación (no caso de persoas xurídicas ou entidades):
a) Modelo xerado pola aplicación web
b) Copia da escritura de constitución da entidade onde figure a acreditación da representatividade do solicitante ou documento equivalente

Fonte: FOGGA

Ficheros adjuntos:

Instrucións solicitude axuda redución
Axudas da cominisión europea 2016