Actividades formativas orientadas a moz@s para o vindeiro ano 2018

Actividades formativas orientadas a moz@s para o vindeiro ano 2018

Dentro do Programa Incorpórate que organiza AGACA en colaboración coa Obra Social La Caixa, hai previstas para o vindeiro ano 2018 toda unha serie de xornadas formativas especialmente orientadas aos moz@s

O obxectivo destas actividades  é coñecer os problemas que teñen para acceder á actividade agrícola e gandeira, intentar  facilitar este acceso, ao tempo que trataríase de achegalos ao cooperativismo agroalimentario e darlles visibilidade.

A actividade comprende varias xornadas :

a) Xornada para ver as axudas para mozos que se incorporen á actividade agraria. (Previsión de realización o 25 ou 26 de xaneiro 2018.)

b) Xornada Incorpórate o 23 de febreiro

c) Xornada para coñecer os beneficios na fiscalidade agraria ao incorporarse a actividade (Probablemente en febreiro).

d) Xornada para ver a tecnoloxía para o acceso ao financiamento agrario. (marzo).

e) Viaxe de Estudos con visitas a cooperativas e explotacións en Galicia/Castela León de 2 días (abril/maio)

f) Reunión de debate para ver as necesidades dos mozos. (marzo)

g) Reunión coa administración para presentar as demandas para mozos (abril/maio)

Dende a cooperativa AGRIS animámosvos a participar no maior número de actividades.

Etiquetas: